O compromiso de Torres Queiruga coa relixión e co galego fano merecedor do Premio Trasalba 2003

Premiar e premiar

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Andrés Torres Queiruga acaba de ser galardoado co premio Trasalba 2003. Así o decidiu por unanimidade a Fundación Otero Pedrayo quen valorou o seu compromiso coa relixión e co idioma galego. Pero esta fin de semana tamén se decidiron outros galardóns. Xabier Quiroga por “Atuado na braña” e Domingo Docampo por “Tecnoloxías das comunicacións” acadaron os premios Antón Losada Diéguez. E por último, Paula Carballeira con “Paco”; Agustín Fernández Paz con “Un tren cargado de misterios” e Beatriz García por “Valdamor” foron galardoados co premio Lecturas.

Máis información sobre o Premio Trasalba en La Voz de Galicia e El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Trasalba, Andrés Torres Queiruga, Paula Carballeira, Agustín Fernández Paz...