Neira Vilas comparte con Anisia Miranda o seu premio Trasalba mentres son nomeados novos xuíces de honra do Couto Mixto

Trasalba e o Couto Mixto

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Anisia Miranda non puido conter este domingo as bágoas de emoción cando o seu home, Xosé Neira Vilas quixo compartir con ela o Premio Trasalba que recibía da Fundación Otero Pedrayo. O acto de entrega, celebrado no pazo natal do escritor ourensán, serviu tamén para dar a coñecer o relevo á fronte de fundación, xa que Víctor Freixanes ocupará o cargo de presidente desta entidade que durante vinte e catro anos desempeñara Agustín Sixto Seco. Tamén esta fin de semana foron nomeados xuíces de honra do Couto Mixto os escritor Antón Riveiro Coello e o naturalista Xosé Beinto Reza, entre outros. Tamén Adolfo Domínguez foi recoñecido pola Asociación de Amigos do Couto Mixto. Esta agrupación quere manter a singularidade desta zona fronteiriza que durante séculos foi independente de Galicia e de Portugal.

Máis información en La Voz de Galicia sobre os actos da Fundación Otero Pedrayo; sobre os xuíces do Couto Mixto

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Trasalba, Anisia Miranda, Antón Riveiro Coello, Adolfo Domínguez...