A Asociación de Escritores outórgalle un premio internacional ao palestino Mahmoud Darwich e anuncia unha batería de actividades

Un despregue de escrita

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A asemblea que a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) celebrou este sábado deu nunha chea de proxectos que entidade desenvolverá nos vindeiros doce meses. O poeta palestino Mahmoud Darwich será o primeiro homenaxeado no premio internacional que este colectivo acordou instituír. Ademais, a AELG outorgará premios de poesía, narrativa, ensaio, teatro e tradución, para alén do habitual galardón ao mellor libro do ano. Ao tempo, a asociación decidiu ampliar o seu número de seccións para prestar atención ámbitos coma a literatura infantil, o xornalismo ou a literatura na rede. Para maio, os escritores teñen previsto celebrar o congreso sobre "Muller e literatura", e preparan a súa participación no congreso Galeusca.

Máis información en Galicia Hoxe, no web da AELG e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Literatura, Narrativa, Tradución...