A asemblea xeral da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) que se celebra mañá servirá para presentar os vindeiros proxectos e novidades deste colectivo. Entre as novas está a substitución de Yolanda Castaño por Carlos Negro na secretarÃa da asociación despois de varios anos de intensa actividade. O actual presidente dos escritores, Euloxio Ruibal anunciou a súa intención de continuar no seu posto. Entre o proxectos que emprenderá a AELG para o vindeiro ano está a entrega do premio Letra E a Salvador GarcÃa Bodaño, a creación do posto de tesoureiro, e organizar unha nova edición do congreso Galeusca.
Máis información en Galicia Hoxe sobre a AELG; entrevista a Yolanda Castaño; o noso tema sobre a AELG