A AELG encargarase de organizar este ano o XXI Congreso Galeusca en Ourense

Oureusca

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Durante a reunión celebrada o pasado sábado no Museo do Pobo Galego a Asociación de Escritores en Lingua Galega comunicou aos seus membros os futuros proxectos para este ano. O novo secretario, Carlos Negro, anunciou a organización do encontro bianual de escritores galegos, vascos e cataláns, Galeusca, que este ano vai celebrarse en Ourense baixo o título A Cidade e a Palabra. Outros dous proxectos que Carlos Negro fixo público foron a próxima presentación da páxina web da AELG e unha futura homenaxe en Vigo a Salvador García Bodaño.

Maís información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Carlos Negro, Escritores, Salvador García Bodaño...