Ourense acollerá aos escritores cataláns, galegos e vascos na XXIª edición de Galeusca

A cidade e a palabra

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
O Congreso Galeusca celebrarase este ano entre o 29 de outubro e o 1 de novembro en Ourense baixo a organización da Asociación de Escritores en Lingua Galega. O encontro anual entre escritores e escritoras vascos, cataláns e galegos terá como tema central a literatura arredor das cidades baixo o epígrafe “A cidade e a palabra”, e nese sentido están previstas as mesas redondas, conferencias e algunhas das actividades que compoñen o programa. A organización de este encontro que chega este ano á súa vixésimo primeira edición vai rotando anualmente entre as tres asociacións de escritores, a AELC (Associació D' Escriptors En Llengua Catalana), a EIE (Euskal Idazleen Elkartea) e a AELG, que conflúen nesta iniciativa.

Máis información no Programa de Galeusca 04

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Ourense, Asociacións, Literatura...