Pontevedra acollerá o vindeiro Galeusca

A falta de apoios estivo a piques de impedir este encontro de escritores

21/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Escritores vascos, galegos e cataláns atoparanse en Pontevedra o vindeiro mes de outubro na XXIX nova edición de Galeusca. Correspóndelle á Asociación de Escritores en Lingua Galega organizar a nova xeira deste encontro, que terá como eixe a literatura infantil e xuvenil. Segundo sinalou o presidente deste colectivo Cesáreo Sánchez Iglesias, a organización do encontro estivo perigo pola ausencia de apoios económicos. En total serán nove os escritores que impartirán diferentes relatorios, e moitos máis os que se achegarán a visitar a Cidade do Lérez.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Pontevedra, Cesáreo Sánchez Iglesias, Literatura...