Cesáreo Sánchez é o novo presidente de Galeusca

O colectivo achega o seu apoio ás mobilizacións a prol do galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O encontro de escritores galegos, cataláns e vascos que se realizou ata onte en Arantzazu, rematou con novas importantes para este colectivo. Deste xeito, Cesáreo Sánchez Iglesias, da Asociación de Escritores en Lingua Galega, pasa a ocupar a presidencia da Federación Galeusca. O colectivo galego será o responsable de organizar o vindeiro encontro anual de autores das tres literaturas. Canda a el, haberá tamén unha vocalía galega de nova creación dentro deste organismo. Por outra banda, Galeusca comprometeu o seu apoio ás mobilizacións en defensa dos dereitos lingüísticos e anunciou que se pronunciará publicamente sobre as agresións que poidan afectar ás culturas representadas.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Cesáreo Sánchez Iglesias, Lingua galega, Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega