Escritores galegos, bascos e cataláns reúnense para tratar das súas literaturas

Galeusca literaria en Lekeitio

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Durante esta fin de semana a vila basta de Lekeitio será escenario do encontro de noventa escritores bascos, galegos e cataláns que tratarán sobre as situacións das súas respectivas literaturas no marco do XVI encontro Galeusca. A esta edición foron convidados tamén dous escritores islandeses.

Delegación Galega


Entre os noventa asistentes, a delegación galega está formada por dezaseis autores. Entre eles, Xavier Seoane falará sobre O Atlántico, fonte de identidade; Rafa Villar presentará unha comunicación titulada Mar de fondo, a paisaxe marítima na poesía glaega; pola súa banda, a proferosa Teresa Seara falará sobre a presencia do mar na narrativa galega. Onda eles nomes coma Bernardino Graña, Marta Dacosta, Francisco Fernández Naval e outros dez autores galegos completan a presencia galega no encontro.

Actividades

Ademais de mesas redondas e conferencias, durante as xornadas realizaranse lecturas e recitais de obras. De entre os galegos, Bernardino Graña, Marta Dacosta e Francisco Fenández Naval Serán os encargados de poñes voz ós pemas galegos na sala de cultura Barandiarán de Lekeitio.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Bernardino Graña, Marta Dacosta, Rafa Villar...