Palma de Mallorca acollerá este mércores, 29 de maio, o encontro de escritores da Federación Galeusca, unha reunión que levaba dez anos sen producirse, desde o seu encontro en Barcelona en 2014. Fundada formalmente en 2008, e con precedentes de encontros anuais históricos celebrados desde 1984, a Federación Galeusca está formada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Euskal Idazleen Elkartea (EIE) e a Associació dÂ’Escriptors en Llengua Catalana (AELC). Representa case 2800 autoras e autores, tanto escritoras/es como tradutoras/es. O eixo vertebrador deste encontro é a tradución como vÃa de internacionalización literaria: como a conversa entre literaturas escritas en diferentes linguas pode contribuÃr á superación das fronteiras administrativas e culturais, á vez que fomentar a promoción e a difusión das literaturas galega, vasca e catalá nun contexto global. En representación da literatura galega acudirán a Palma Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) que xa estivera no anterior encontro de fai dez anos; MarÃa Reimóndez, escritora e tradutora; e Marga do Val, que tomará parte dun recital poético - musical.