Cesáreo Sánchez foi elexido novo presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega

Novos escritores

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Asemblea Xeral que celebrou o sábado a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) en Compostela deu como estaba previsto na renovación da xunta directiva deste colectivo. Cesáreo Sánchez é o novo presidente, e estará acompañado de Mercedes Queixas como secretaria. Onda eles Marica Campo, Marta Dacosta, e Henrique Rabunhal completan a directiva. Entre os vindeiros proxectos da AELG está a celebración do encontro “Letras na raia” con autores lusos, a creación dun centro de documentación e unha asesoría xurídica e a homenaxe ao Museo do Pobo Galego co premio “Os bos e xenerosos”.

Máis información en Galicia Hoxe; en La Voz de Galicia e no web da asociación; a ficha de Cesáreo Sánchez na Biblioteca Virtual Galega

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Lingua galega, Marica Campo, Marta Dacosta...