A Real Academia Galega amplía os seus fondos sobre autores actuais con documentación da AELG

Fondos actualizados

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Sete cartafoles de documentación diversa sobre escritores contemporáneos foron depositados onte na Real Academia Galega. Cesáreo Sánchez, presidente da Asociación de Escritores en Lingua galega fixo entrega a Xosé Ramón Barreiro, o seu homólogo da RAG destes fondos consistentes en fotografías, biografías, traducións e paratextos de todo tipo que foron dixitalizados pola AELG para o seu Centro de Documentación en liña. A cesión enmárcase nun convenio de colaboración asinado pola RAG e a AELG en 2005. Conseguir a entrega de orixinais dos escritores e escritoras á RAG sería un segundo paso deste proceso de enriquecemento dos fondos da Academia, segundo Cesáreo Sánchez.

Máis información no Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, Lingua galega...