A AELG lembra que a Academia Sueca tamén lles consulta o candidato galego ao Nobel

Luz e Ferrín

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) proporá, como xa anunciara, a Luz Pozo Garza e mais a Xosé Luís Méndez Ferrín ao Premio Nobel de Literatura. O presidente deste colectivo, Cesáreo Sánchez, revelou que desde hai anos a Academia Sueca consúltalles as súas propostas, que remiten cun dossier sobre cada candidato. Deste xeito, serán dous os nomes galegos que opten ao galardón. Hai uns días o presidente do PEN Clube, Luís González Tosar, afirmaba que este colectivo era o único autorizado pola academia a propor candidatos, e lembrou que apoiarán unicamente a Méndez Ferrín.

Máis información en Galicia Hoxe e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nobel, Méndez Ferrín, Luís González Tosar, Luz Pozo Garza...