O escritor ourensán recibe o premio da Asociación de Escritores

Semana de honras para Ferrín

Xose Luis Méndez Ferrín está de noraboa. Poucos días despois do seu ingreso formal na Real Academia, a Asociación Escritores outórgalle o seu galardón anual pola súa novela No ventre do silencio. Os escritores xa propuxeran a Ferrín como candidato ó Nobel respondendo á invitación da Academia Sueca porque promovesen un candidato.

Premio anual




A Asociación de Escritores en Lingua Galega concede cada ano un premio á mellor obra literaria publicada no ano anterior. Os membros da asociación votaron de xeito libre e secreto. Se a obra mellor considerada do 98 fora O lapis do carpinteiro, de Manolo Rivas, este ano foi Ferrín o distinguido co respecto dos seus compañeiros.









Pruma de ouro




O galardón consiste nunha pruma estilográfia de ouro que representa a calidade da escritura. A cerimonia de entrega producirase no mes de decembro en Vigo, durante o transcursos dun acto literario. No ventre do silencio xa recibira o premio Eixo Atlántico de narrativa 1999 e o Premio nacional da Crítica. O libro narra as peripecias de catro estudiantes na Compostela dos 50, nun ambiente opresivo marcado pola dictadura e unha densa trama de personaxes.

Sinopse




O libro narra as peripecias de catro estudiantes na Compostela dos 50, nun ambiente opresivo marcado pola dictadura e unha densa trama de personaxes.Este premio chégalle a Ferrín apenas unha semana despois de facer efectivo o seu ingreso na Real Academia Galega, ocupando o posto do falecido Antonio Fraguas.