O PEN Club promove a candidatura de Ferrín ó Premio Nobel

Máis apoios para Ferrín

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Se hai uns meses a Asociación de Escritores en Lingua Galega designaba a Méndez Ferrín como candidato ó Nobel por petición da Academia Sueca, agora é o PEN Club de Galicia que se suma a esta proposta, remitindo unha carta á organización do prestixioso premio para que teña en conta o escritor ourensán.

Unidade de criterios

O apoio do PEN ClubGalicia á designación de Ferrín para o Nobel supón o acordo entre as principais asociacións de escritores do país sobre cal é o escritor galego máis merecente do galardón. O PEN Club galego forma parte da asociación internacional de escritores do mesmo nome, que é recoñecida unanimamente como unha das principais institucións culturais do mundo.

Literatura minorizada

Na misiva que o PEN Club remitiu á Academia Sueca destácase a importancia da figura de Ferrín como escritor e poeta, sinalando o recoñecemento que suporía para unha literatura minorizada como a galega a distinción co Nobel a un dos seus escritores. Neste sentido, o PEN Club lembrou que a academia xa ten outorgado o galardón a escritores de literaturas minorizadas como a occitana.


Méritos

Como escritor, Ferrín ten sido autor dalgunhas das máis importantes novelas escritas en galego e o principal renovador da poesía nos anos setenta coa súa obra "Con pólvora e magnolias". Ademais, ten destacado como ensaísta, con traballos tan destacados coma a súa historia da Literatura Galega contemporánea "De Pontal a Novoneyra". Actualmente dirixe a revista de pensamento de debate "A Trabe de Ouro", de destacado prestixio internacional.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nobel, Escritores, Méndez Ferrín, Lingua galega...