O PEN Clube apoiará unicamente a Méndez Ferrín como candidato ao Nóbel

Só Ferrín

5/12/2007 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
2 lecturas | Compartido 0 veces
Un ano máis, Méndez Ferrín será o candidato galego ao Premio Nóbel de Literatura. O presidente do PEN Clube, Luís González Tosar lembrou onte que esta é a única entidade galega autorizada pola academia Sueca para presentar escritores a este galardón e que, como está a facer desde 1998, apostará polo escritor de Vilanova dos Infantes. Deste xeito, o PEN descarta outras propostas coma Luz Pozo Garza, proposta polo Premio Espiral Maior e a Asociación de Escritores, ou Manuel Rivas, lanzado polo crítico e escritor Santiago Jaureguizar.

Máis información en Galicia Hoxe e nos nosos arquivos; a proposta de Espiral Maior en Galicia Hoxe e a de Jaureguizar no seu blog


Universo culturagalega.gal