Luz Pozo e a Xosé Luis Méndez Ferrín serán propostos ao Premio Nobel de Literatura

Escritores con lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) celebrou esta fin de semana no Museo do Pobo a súa xuntanza anual. Alí acordaron que Cesáreo Sánchez siga a ser o presidente asistido por Antía Otero como vicepresidenta dos mozos escritores e Marta da Costa como nova tesoureira. Ademais, decidiron propor a Luz Pozo Garza e Xosé Luís Mendez Ferrín ao premio Nobel. Entre as novidades que a AELG ten prevista para este ano está a creación do premio xornalístico cultural, o “Inventario das casas dos escritores e escritoras” e a inauguración da "Editora Virtual AELG”.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Nobel, Méndez Ferrín, Literatura...