Un convenio con Industria permitiralle á Asociación de Escritores contar cunha editora virtual no seu web

Editora de escritores

18/5/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
"AELG Editora" é o nome do novo espazo web que a Asociación de Escritores en Lingua Galega porá en marcha en breve. O convenio que esta entidade asinaba o pasado mércores coa Consellaría de Industria permitiralle aos escritores desenvolver unha editora dixital na que será a propia asociación a que seleccione os textos. Un buscador, foros e ferramentas que permitan a interactividade do usuario completarán este proxecto. Ao tempo, o acordo prevé que se amplíe o espazo didáctico que xa existe no web da AELG.

Máis información no web da asociación

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Lingua galega, Consellaría de Industria, Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega