A Asociación de Escritores amplía o seu web, orientado á documentación e mais aos contidos didácticos

Escritores con documentos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A inclusión de textos escaneados e dixitalizados nas fichas dalgúns autores é unha das principais novidades que achega a ampliación do web da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) que se presentou onte. Prólogos, conferencias ou artigos de prensa pódense consultar agora canda as biografías dos escritores. Ao tempo, a páxina achega unha sección didáctica para traballar con alumnos de Primaria e Secundaria a través da literatura. Esta ampliación do web contou cun investimento da Consellaría de Industria de 40.000 euros.

Máis información en El Ideal Gallego, no web da AELG e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Secundaria, Lingua galega, Literatura...