O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, sumouse onte aos intelectuais que reclaman respecto para o noso himno. O historiador sinalou que a obra “debe ser entendida no seu contexto”. Canda a el, o catedrático de Filoloxía Galega Manuel Ferreiro, o editor Henrique Alvarellos e o creador Antón Reixa sumáronse ás reivindicación do texto do Pondal. A nivel parlamentario, o PPdeG amosou o seu apoio a que o himno sexa coñecido por todos.
Máis información en Diario de Ferrol; a reclamación de Reixa no mesmo xornal; a polémica do himno nos nosos arquivos
Do mesmo ámbito
Universos
Explorar o Universo desta nova
Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Villares, Henrique Alvarellos, Manuel Ferreiro, Antón Reixa...
Claves
Entidades
