Caixanova anuncia cinco festivais de música urbana mentres se anuncia o IV Fervesteiro

Xiras e festivais

27/6/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
"NXira" é o título da proposta musical que organiza Caixona para este verán. Cinco concertos en Boiro, Ribadeo, Narón, Compostela e Vigo achegarán á escena ao longo do verán grupos coma Dios ke te Crew, Milladoiro. Telephunken ou Macaco entre moitos outros de variados estilos. Canda a isto, hoxe adiántase a programación do cuarto festival Fervesteiro. Ferrol acollerá unha mestura de estilos que van do reggae co hip hop ou ao funk. Aos poucos, vaise artellando a oferta de festivais para este verán.

Máis información sobre NXira en La Voz de Galicia; sobre o Fervesteiro en Diario de Ferrol

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caixanova, La Voz de Galicia, Boiro, Milladoiro...