Preséntase o Plan de Dinamización Turística de Ferrol, que propón actuacións etnográficas, mellora de fortalezas e propostas deportivas

Dinamismo ferrolán

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A vela, as fortalezas medievais, as rutas fluviais, a recuperación de elementos etnográficos, o parque temático "A Galaxia Imaxinada" sobre o camiño inglés, ou o impulso do Museo do Humor de Fene son só algunhas das propostas do Plan de Dinamización Turística de Ferrol e Ortegal. Este texto, que se presentaba onte, prevé destinar máis de 950.000 euros a diferentes intervencións que consoliden a oferta turística da área. Ao tempo, desde Patrimonio desestimaron a proposta de organización de zonas verdes no castelo de San Felipe, ao considerar que a intervención prevista afectaba ao espazo, declarado Ben de Interese Cultural.

Máis información en Diario de Ferrol sobre o plan de dinamización; sobre sobre o castelo de San Felipe e en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Castelo de San Felipe, Ben de Interese Cultural, Humor...