Os Castelos de Moeche e da Lúa enfrontan cadanseu proxecto de rehabilitación

Castelos para o futuro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Concello de Moeche está a ultimar o proxecto de recuperación do seu castelo. A instalación de balaustradas e varandas e a recuperación da porta principal son as accións pendentes neste recinto. Para isto, a cámara municipal solicitoulle 88.400 euros á Deputación da Coruña. Ao tempo, desde a Consellaría de Cultura anunciaban onte o investimento de 400.000 euros para recuperar o Castelo da Lúa, de Rianxo. Descubrir o foxo e delimitar os recintos que compuñan neste espazo son as principais actuacións previstas, que se prolongará ata 2008.

Máis información en Diario de Ferrol e en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Moeche, Ferrol, El Correo Gallego...