Unha plataforma veciñal defende o círculo lítico da Mourela mentres cultura inviste na consolidación do castelo de Narahío

Círculos e castelos

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
As obras dunha autovía están a pór en perigo o círculo lítico da Mourela, nas Pontes, un monumento megalítico duns cinco mil anos. Ante esta situación, un grupo de veciños da zona organizouse nunha plataforma coa intención de impedir a destrución deste depósito. As últimas novas sinalan que a Dirección Xeral de Patrimonio ampliou en dúas semanas o prazo para completar o estudo que se está a facer no lugar, un período que o propio director da escavación considera insuficiente. Ao tempo, desde a Consellaría de Cultura acaban de anunciar o investimento de 150.000 euros para consolidar os restos do castelo de Narahío, en San Sadurniño.

Máis información sobre o círculo lítico en La Voz de Galicia, e en Vieiros; sobre o castelo de Narahío en Diario de Ferrol e en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Vieiros, Dirección Xeral de Patrimonio, El Correo Gallego...