As xornadas de teatro en galego máis antigas amplían a programación e inclúen títeres

Galego e amador

28/11/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O vindeiro 6 de decembro comeza unha nova edición das xornadas de teatro do Seixo, as que organiza a Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega e as máis antigas dedicadas ao idioma do país. Este ano, as xornadas durarán catro días e inclúen títeres na súa programación. Ditea Teatro cunha adaptación da obra de Miguel Mihura “Melocotón en xarope” será a encargada de abrir a programación ás 20:00 horas no auditorio da asociación. Outro referente das táboas é o Memorial de Teatro Ibán Toxeiro que terá lugar mañá e que organiza a agrupación Alexandre Bóveda na Coruña. Ademais dos espectáculos de teatro amador, danza e música, este ano a asociación concede o seu primeiro premio, que recaeu no Grupo Sardiña polo seu traballo na creación de públicos.

Máis información no Diario de Ferrol e en El Ideal Gallego

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Alexandre Bóveda, Paisaxe, Danza...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares