A Asociación de Escritores pon en marcha una Aula Virtual para dar a coñecer as nosas letras

Autores en rede

18/10/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Un acordo entre a Asociación de Escritores (AELG) e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega permitiu a posta en marcha da Aula de Escritores. Este web quere acoller cursos virtuais sobre as nosas letras. Os primeiros desenvolveranse entre novembro e maio e terán como protagonistas a Xosé María Álvarez Blázquez e mais a Agustín Fernández Paz. Intervencións de especialistas en tempo real, coloquios virtuais e actividades individuais comporán estas actividades, que teñen aberta a súa matrícula.

Máis información en La Voz de Galicia e no web da Aula Virtual; outras actividades da AELG nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Agustín Fernández Paz, Xosé María Álvarez Blázquez, Xosé María Álvarez...