Os escritores cargan contra a redución de axudas públicas e a Cidade da Cultura

A AELG mantén a Cesareo Sácnhez como presidente da Asociación

| Santiago. Redacción | Seccións: Cidade da Cultura
Compartir:

A asemblea que celebrou o pasado sábado a Asociación de Escritores en Lingua Galeg (AELG) acordou manter a Cesáreo Sánchez á fronte deste colectivo durante dous anos máis. Para alén, os escritores denunciaron o recorte dun 80% dos apoios públicos ás actividades da asociación o que, segundo eles, pon o colectivo en dificultades para manter unha estrutura estable e seguir organizando actividades. Sánchez anunciou a vindeira difusión dun comunicado contra a falta de apoio público ao conxunto da cultura. Ademais, a AELG pronunciouse contra o traslado dos fondos de Cela á Cidade da Cultura e solicitou que se paralice a construción de novos edificios e que se reformule o emprego dos exsitentes no Gaiás. No emsmo encontro, acordouse outorgarlle a Paco Martín a Letra E de Escritor e renderlle a homenaxe ao escritor na súa terra.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Paco Martín, Paco Martín, Paco Martín...