A Asociación de Escritores entrega o seu premio ao Escritor/a Galego Universal a Nancy Morejón

O Universo en Cuba

19/2/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez, entregáballe onte na Habana o premio Escritor/a Galego Universal á poeta cubana Nancy Morejón. A autora, coñecida, ademais de pola súa obra, polo seu traballo de dinamización cultural, defensa da muller e tradución, participará na Cea das Letras que a AELG organiza anualmente. No mesmo acto entregaranse os premios que a Asociación outorgou a Xosé Vázquez Pintor, á Asociación Socio-Pedagóxica Galega e mais á Mostra de Teatro de Ribadavia.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Cuba, Xosé Vázquez Pintor, Xosé Vázquez Pintor...