Nancy Morejón, Justo Beramendi, Fernández Paz, Marica Campo ou Miguelanxo Murado levan os premios da AELG

Premios escritos

Premiados
Premiados
A Cea das Letras serviu, un ano máis, de escenario para que a Asociación de Escritores en Lingua Galega presentase os seus premio anuais. Como xa se anunciara, a cubana Nancy Morejón foi declarada escritora galega universal. Pola súa banda, Justo G. Beramendi levou o premio de ensaio pola súa obra “De provincia a nación”. “O único que queda é o amor”, de Agustín Fernández Paz, foi considerado o mellor traballo de Literatura Infantil e Xuvenil. “Sextinario: treinta e seis + tres”, de Marica Campo Levou o premio de Poesía e “O soño da febre” de Miguel Anxo Murado, o de Narrativa. O seu traballo cos “Poemas canónicos” de Kavafis valeulle a Yolanda Vilarchao o premio á tradución, mentres Millán Picouto facíase co de teatro por “Ciclo de Marte”. Finalmente, a traxectoria xornalística recoñecida nesta ocasión foi a de Xosé Luís Méndez Ferrín.