Xa se coñecen os finalistas aos premios da Asociación de Escritores

Finalistas na AELG

A Asociación de Escritores en Lingua Galega daba a coñecer onte os candidatos entre os que os seus membros votarán os gañadores aos premios AELG 2008. Deste xeito, atopamos na ampla lista obras que xa foron recoñecidas nos últimos meses, coma “Illa Soidade” de an Alfaya, “O único que queda é o amor”, de Agustín de Fernández Paz, no premio de Literatura Infantil e Xuvenil. “De provincia a nación: historia de galeguismo político”, de Xusto Beramendi, é un dos candidatos a ensaio, mentres ”Made in Galiza” de Sechu Sende opta, entre outros títulos ao premio de Narrativa. No campo da tradución as propostas repártense entre traballos publicados por Rinoceronte e mais Galaxia no último ano. Entre os candidatos atopamos tres colaboradores de culturagalega.org. “Así nacen as baleas” de Anxos Sumai, é candidato ao premio de Narrativa, Rosa Aneiros pode levar o de Literatura Xornalística e Xavier Queipo o de Literatura Infantil e Xuvenil. A entrega será o sábado 26 de abril durante a Cea das Letras.