Os editores galegos premian a Anxos Sumai como autora do ano

Batería de premios

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Os editores galegos entregaron os seus premios anuais no transcurso da Noite da Edición celebrada o venres na Coruña. Anxos Sumai resultou gañadora do Premio Xosé María Álvarez Blázquez á autora do 2007, mentres que o libro ‘Made in Galiza’, escrito por Sechu Sende e publicado por Galaxia, acadou foi elixido como libro do 2007. Pola súa banda, o libro de relatos “O único que queda é o amor”, de Agustín Fernández Paz (Xerais), recibiu o premio a mellor libro infantil e xuvenil. No palmarés tamén figuran os traballos de Carlos Silvar “Guía de mamíferos de Galicia”, de Baía Edicións, como mellor libro ilustrado. “A Odisea”, traducida por Xavier Senín e por Isabel Soto para a editorial Rodeira, recibiu o premio ao libro traducido e tres empresas, A Nosa Terra, La Voz de Galicia e Alvarellos Editora, acadaron cadanseu premio á edición histórica de Galicia.

Consulta as fichas en lg3 de Anxos Sumai; "Made in Galiza", de Sechu Sende; "O único que queda é o amor" , de Agustín Fernández Paz

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito