Os editores xa perfilan os seus libros favoritos para os galardóns da III Noite da edición

Premios Ánxel Casal 2007

O Aquarium Finisterrae da Coruña acollerá o vindeiro venres 14 a gala anual da Noite da Edición que antes estivo en Santiago e Pontevedra. Dos sete premios que entregan os editores un xa ten donos, o da Edición Histórica que compartirán La Voz de Galicia, Alvarellos Editora e A Nosa Terra, e outros catro teñen candidatos firmes e públicos. Así a Guía dos mamíferos de Galicia (Baía Edicións), Minimaladas (Eds. Xerais) e Titiritesa (OQO Editora) son os candidatos ao Premio Isaac Díaz Pardo ao libro ilustrado; para o Premio Lois Tobío ao libro traducido compiten A Odisea (Eds. Rodeira), Cuspirei sobre as vosas tumbas (Faktoría K), O señor Ibrahím e as flores do Corán (Faktoría K) e Só o silencio me responde (Rinoceronte). O premio Ánxel casal ao libro do ano ten como posibles receptores a Xerais, por “De provincia a nación” de Xusto Beramendi; Editorial Galaxia por “Made in Galiza”, de Sechu Sende e Edicións Lóstrego por “Para que serve a Historia de Galicia?” de J.C. Bermejo. Na categoría de libro infantil os candidatos ao Premio Neira Vilas son Edicións cos libros “Minimaladas” e “O único que queda é o amor” e Baía Edicións por “Xela volveuse vampira”.

Máis información na Asociación Galega de Editores