Os editores repartirán os seus premios máis importantes na segunda Noite da Edición en Pontevedra

Estrelas da edición

A Noite da edición, que vai celebrarse o vindeiro sábado no Liceo Casino de Pontevedra, repartirá por segundo ano consecutivo os diferentes premios cos que os editores recoñecen obras, autores e iniciativas. Así optan ao Premio Ánxel Casal ao libro as obras “Feísmo. Destruír un país” da editorial Difusora; “O bosque dos raposos aforcados”, de Rinoceronte Editorial; “O suxeito postmoderno” de Galaxia; “Os libros arden mal” de Edicións Xerais e “Terra e nostalxia. Galicia rural” de Baía Edicións. O Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor dispútase entre a Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Rivas e Teresa Moure. O Clube de Lectores Biblos, o programa Libro aberto de TVG e o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra optan ao Premio Francisco Fernández del Riego á cooperación no labor editorial. Na gala tamén coñeceranse os nomes do gañadores aos premios ao libro mellor traducido, ao mellor ilustrado e ao mellor libro infantil e xuvenil. Sabino Torres Ferrer (o máis veterano dos editores galegos en activo, responsable de Hipocampo Amigo) recibirá o Premio á edición histórica galega e Isaac Díaz Pardo será nomeado presidente de Honra da AGE.


Máis información na Asociación Galega de Editores