Os editores celebraron a súa gala premiando os mellores libros do ano

Agustín Fernández Paz foi recoñecido como o mellor autor galego do 2008

O gremio editorial celebrou o día 19 de decembro IV Noite da Edición, unha gala coa que a AGE -Asociación Galega de Editores- pretende reunir anualmente a todos aqueles que traballan o día a día da realidade material do libro, a súa produción e a súa edición e na que se entregaron os Premios da Edición 2008, concedidos polo gremio. Foron homenaxeados no apartado da Edición Histórica os fundadores da AGE, que celebra no 2008 o seu vinte e cinco aniversario. Asemade desvelouse os gañadores do Premio Ánxel Casal ao libro do ano, que foi para a Editorial GALAXIA por Fin de século en Palestina, de Miguel Anxo Murado; do Premio Neira Vilas ao libro infantil e xuvenil, que foi para a Edicións Xerais por Palabras Brancas de Elvira Riveiro Tobío; o Premio Lois Tobío ao libro traducido foi para Faktoría K por Lolita, traducido por Xesús Fraga e o O libro das viaxes imaxinarias, ilustrado por Xosé Cobas e editado por Xerais levou o Premio Isaac Díaz pardo a libro ilustrado. Pecha o palmarés Agustín Fernández Paz co Premio Xosé Mª Álvarez ao autor do 2008.