A AELG distingue ao poeta palestino Mahmoud Darwich co premio “Poeta Galego Universal”

Poeta galego de Palestina

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) entregaralle o vindeiro 18 de abril o seu primeiro Premio Internacional “Poeta Galego Universal” ao palestino Mahmoud Darwich, varias veces proposto para o Premio Nobel de Literatura. Nado en Birwa, aldea de Galilea, Mahmoud Darwich é un dos máis grandes poetas árabes contemporáneos, fundador e director dunha das principais revistas literarias árabes, Al-Karmel. A AELG decidiu instaurar este ano un galardón internacional para significar aqueles autores cuxa obra e personalidade conteñan "un alto contido ético e estético que os convertan nun referente para o seu pobo na defensa da dignidade nacional e humana."

Máis información no sitio da AELG

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Palestina, Escritores, Nobel, Lingua galega...