Unha exposición e un libro lembran a figura do galeguista Antón Fraguas

Fraguas de mostra

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeExposicións
Compartir:
Foi fundador do Seminario de Estudos Galegos, un dos impulsores do Museo do Pobo Galego e un destacado polígrafo. Antonio Fraguas Fraguas (Cotobade, 1905-Compostela, 1999) foi recordado onte cando se inaugurou a exposición que repasa a súa vida e obra. Canda a ela, a Fundación que leva o seu nome, o Museo do Pobo e a Consellaría de Cultura presentaron o libro que recolle os testemuños dos que coñeceron de preto a súa personalidade e o seu labor.

Máis información sobre a exposición en La Voz de Galicia e Galicia Hoxe e sobre Antonio Fraguas na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antonio Fraguas, Antón Fraguas, Galicia Hoxe, Seminario de Estudos Galegos...