Preséntase o documental Revisitando a Antonio Fraguas

Poderá verse na exposición sobre o homenaxeado que abre o Museo do Pobo o vindeiro 14 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O director Gonzalo Veloso presentaba onte o documental Revisitando a Antonio Fraguas, filme no que percorre a traxectoria do homenaxeado no Día das Letras deste ano. O proxecto, que contou co apoio da Consellaría de Cultura, conta con testemuños de persoas que trataron a Fraguas como Justo Beramendi, Clodio González, María Xosé Fernández e Víctor F. Freixanes. O documental será unha das pezas centrais da exposición sobre Fraguas que abre o vindeiro 14 de maio o Museo do Pobo Galego en San Domingos de Bonaval.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Antonio Fraguas, Justo Beramendi, Xosé Fernández...