
No espectáculo interpretaranse temas da tradición musical galega recollidos polo homenaxeado canda a cancións compostas para a ocasión como Fraguas de amor, con texto do propio Fraguas e música de Sergio Grammary, O rostro de Galicia, de Domingo Gontán ou A derradeira lección do Mestre en homenaxe a Castelao e a Bóveda. Recitados, declamacións e unha mostra de traxes tradicionais e de gala recreados a partir das investigacións de Fraguas fan parte do proxecto. Logo da estrea, Amantes da Terra poderá verse o vindeiro 5 de maio en Redondela e o dÃa 12 en Portas.
En paralelo, Queiman e Pousa presentaron tamén co mesmo tÃtulo unha curtametraxe documental que repasa a traxectoria e labor de Antonio Fraguas, e que está dispoñible integramente en Youtube.