Carme Varela foi galardoada co Caxato de Honra

O recoñecemento outórgase en memoria de Avelino Pousa Antelo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Carme Varela. Fonte: Agadic

Carme Varela. Fonte: Agadic

A escritora Carme Varela recibiu este 20 de agosto en Teo o premio Caxato de Honra en recoñecemento ao seu traballo canda a Avelino Pousa Antelo. A entrega celebrouse no marco das homenaxes a Pousa Antelo cando se fan once anos do seu falecemento.

Para alén do seu labor literario, Varela traballou con Pousa Antelo durante a súa etapa á fronte da Fundación Castelao como secretaria técnica desta entidade. Neste papel desenvolveu un importante labor na edición da obra completa do rianxeiro e na programación de actividades.

A Irmandade Avelino Pousa, a Asociación Cultural Xermolos e a Fundación Manuel María da Terra Chá son as entidades responsables de outorgar este premio no Concello de Teo, que nomeou a Pousa Antelo fillo predilecto. O galardón recoñece persoas e institucións que traballaron co homenaxeado e que foron da súa estima. No transcurso do mesmo acto entregóuselle o galardón á dignidade galeguista a Baldomero Iglesia Mero.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carme Varela, Castelao, Manuel María, Concello de Teo...