Avelino Pousa Antelo gaña o VII Premio Ramón Piñeiro "Facer País"

O xurado tivo que escoller entre corenta candidaturas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Avelino Pousa Antelo gaña o VII Premio Ramón Piñeiro "Facer País"

O galeguista e intelectual Avelino Pousa Antelo gañou o VII Premio Ramón Piñeiro "Facer País" que foi presentado hoxe á mañá en Santiago de Compostela. O xurado tivo que valorar as corenta candidaturas presentadas, e escolleu ao galeguista Pousa Antelo pola súa "entrega permanente ó país como galeguista, docente, cooperativista, escritor, político e animador cultural". Agora, a organizadora do premio, a Asociación Val de Láncara, preparará os actos de homenaxe ao gañador.

En anteriores edicións do premio, o xurado premiou tamén a coñecidas personalidades da cultura galega como Díaz Pardo, Luís Tosar, Milladoiro, Xosé M. Beiras, Neira Vilar e A Nosa Terra.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Asociación Val de Láncara, Santiago de Compostela, Luís Tosar...