Morre Avelino Pousa Antelo

A capela ardente cos seus restos instalarase no centro sociocultural da Ramallosa en Teo

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O intelectual, xornalista e galeguista Avelino Pousa Antelo morreu esta madrugada na súa casa. Trala morte de Fernández del Riego, Isaac Díaz Pardo e Xaime Isla, Pousa Antelo era o último representante das Mocidades Galeguista e do Partido Galeguista dos anos 30 do século pasado. Renovador do ensino, galeguista, defensor do idioma e agrarista convencido (do que foi investigador e defensor a ultranza do cooperativismo). Articulista incansable, presidente da Fundación Castelao, vicepresidente da Fundación Fernández Florez e vogal doutras entidades como a Pedrón de Ouro e Alexandre Bóveda. A capela ardente cos seus restos quedará instalada no Centro Cultural da Ramallosa en Teo, mañá martes (de 10:00 a 19:00 horas).

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teo, Castelao, Isaac Díaz Pardo, Alexandre Bóveda...