Un guieiro recupera a figura de Avelino Pousa Antelo

Cúmprese un ano do pasamento do intelectual galeguista

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Hoxe cúmprense un ano do pasamento de Avelino Pousa Antelo. Unha efeméride que a asociación cultural Xermolos celebra no concello de Teo, onde o galeguista tiña fixada a súa residencia con diferentes actividades. Unha mesa redonda, un recital e a presentación dunha publicación. Trátase do guieiro número 15, publicación monográfica en detallar a figura e a obra de Avelino Pousa Antelo. A súa faceta como músico (foi inventor do Tamborileiro de Sarria e mantivo unha relación moi intensa co festival de Pardiñas), o seu labor de cooperativismo e o seu traballo como mestre centran esta publicación na que participan, entre outros, Ramón Villares, Xesús Alonso Montero ou Carlos Callón. Son dúascentas páxinas que inclúen texto, fotografáis e completas. A presentación deste guieiro inclúe unha mesa redonda centrada en abordar o papel de Pousa Antelo na innovacion do ensino.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xesús Alonso Montero, Ramón Villares, Carlos Callón, Asociación Cultural Xermolos...