Bo e xeneroso, Insignia de Ouro da USC.... Avelino Pousa Antelo (tamén coñecido como Lucho do Peto) sumaba case tantos recoñecementos como anos tiña. En total 98 cando morreu na súa casa de Teo, concello que habilita hoxe o seu centro cultural como capela ardente (aberta desde as 10:00 horas) para que se poidan despedir del os seus amigos e a cidadanía. Con el vaise o último galeguista histórico.
Tralo pasamento de Fernández del Riego, Isaac Díaz Pardo e Xaime Isla, Pousa Antelo era o último representante das Mocidades Galeguistas e do Partido Galeguista dos anos 30 do século pasado. O intelectual, articulista, pedagogo pero sobre todo galeguista morría despois dunha longa vida de compromiso cultural e político. Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e historiador, destacou del a súa executoria vital como un exemplo de coherencia. Sen el a textura cultural, política e cívica da Galicia autonómica tería sido outra asegurou. A súa pode considerase como unha metáfora- unha das posibles metáforas- da Galicia do século XX e de principios do século XXI explica Villares.
Renovador do ensino, galeguista, defensor do idioma e agrarista convencido, do que foi investigador e defensor a ultranza do cooperativismo, son os principais trazos definitores dun galeguista que se despide hoxe sen flores, nin actos relixiosos, coherente coa súa traxectoria vital.
Un fillo da Segunda República
Naceu na Baña, un 14 de maio de 1914. Formouse na Universidade pontificia compostelá, maxisterio, dous cursos de comercio en Lugo e outro de xerente de cooperativas en Zaragoza. Aproba as oposición de mestre en 1944 (logo de ter aprobado outras no 1936, que ao coincidir coa Guerra Civil foron anuladas), co que comeza a súa traxectoria docente. É un fillo da II República, desa concepción da pedagoxía como resultado da experiencia e non da aprendizaxe memorística lembra Villares. Como docente, foi o encargado de dirixir a Escola Agrícola da Granxa de Barreiros (sarria, Lugo) no que fundeu a súa marcada vocación docente coa súa outra gran paixón, a agricultura e o cooperativismo. Foi na escola de barreiros, na divulgación agrarits, na loita pola mellora do campo onde Pousa Antelo se refuxiou nos anos da posguerra e onde viviu o seu particular exilio interior.
Precisamente a esa etapa se refeiu o rector da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, na nota de condolencia remitida por esa entidade. Nela, destaca o labor realizado por Pousa Antelo en prol da formación dos traballadores do agro galego, así como a súa participación en numerosos proxectos cooperativos, que axudaron á dinamización e desenvolvemento deste sector. Alén do trabalo, foron numerosos os artigos en revistas e volumes colectivos nos que ten participado como Cooperativa de explotación comunitaria para unha parroquia rural ou Valen ou non as cooperativas de explocación comunitaria pra o campo galego ou A Escola Agrícola da Granxa Barreiros: unha escola para a Galicia rural
Un mitin que cambiou unha vida
Unha tarde entrou ao Teatro principal de Compostela a escoitar un mitin no que estaba Antón Vilar Ponte, Álvaro de las Casas, Valentín Paz Andrade, Carballo Calero e Castelao. Un mitin do que saiu marcado como galeguista de por vida e xa ve, ata hoxe" como el mesmo ten declarado en numerosas entrevistas. A raíz dese momento ingresounas Mocidades Galeguistas, participou de xeito activo na propaganda do Estauto de Autonomía do 1936.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega, que o nomeou bo e xeneroso no ano 2004, lembra nun comunicado que Avelino déixanos sendo o Presidente da Fundación Castelao, da Fundación Pedrón de Ouro e membro da Fundación Alexandre Bóveda, cargos que nos trasladan a vitalidade do seu compromiso. Un compromiso que quixo revalidar no ano 1978 coa recuperación do Partido Galeguista, do que foi secretario xeral e, máis tarde, presidente de Honra.
Pousa Antelo continuou desenvolvendoun incansable labor en defensa do galego. Por iso, para a Mesa pola Normalización Lingüística,foi o "símbolo dun país que quere continuar a existir" e un "compañeiro incansábel que nos transmitiu o testemuño de décadas de loita do pobo galego por existir e que na novena década da súa vida continuaba cunha enorme lucidez e vontade de acción fronte ao poder".
A capela ardente cos seus restos instalaranse no centro sociocutural da Ramallosa, no concello de Teo, desde as 10:00 ata as 19:00, desde onde pasarán a ser incinerados na estrita intimidade familiar.
Unha metáfora do século XX.Tralo pasamento de Fernández del Riego, Isaac Díaz Pardo e Xaime Isla, Pousa Antelo era o último representante das Mocidades Galeguistas e do Partido Galeguista dos anos 30 do século pasado. O intelectual, articulista, pedagogo pero sobre todo galeguista morría despois dunha longa vida de compromiso cultural e político. Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e historiador, destacou del a súa executoria vital como un exemplo de coherencia. Sen el a textura cultural, política e cívica da Galicia autonómica tería sido outra asegurou. A súa pode considerase como unha metáfora- unha das posibles metáforas- da Galicia do século XX e de principios do século XXI explica Villares.
Renovador do ensino, galeguista, defensor do idioma e agrarista convencido, do que foi investigador e defensor a ultranza do cooperativismo, son os principais trazos definitores dun galeguista que se despide hoxe sen flores, nin actos relixiosos, coherente coa súa traxectoria vital.
Un fillo da Segunda República
Naceu na Baña, un 14 de maio de 1914. Formouse na Universidade pontificia compostelá, maxisterio, dous cursos de comercio en Lugo e outro de xerente de cooperativas en Zaragoza. Aproba as oposición de mestre en 1944 (logo de ter aprobado outras no 1936, que ao coincidir coa Guerra Civil foron anuladas), co que comeza a súa traxectoria docente. É un fillo da II República, desa concepción da pedagoxía como resultado da experiencia e non da aprendizaxe memorística lembra Villares. Como docente, foi o encargado de dirixir a Escola Agrícola da Granxa de Barreiros (sarria, Lugo) no que fundeu a súa marcada vocación docente coa súa outra gran paixón, a agricultura e o cooperativismo. Foi na escola de barreiros, na divulgación agrarits, na loita pola mellora do campo onde Pousa Antelo se refuxiou nos anos da posguerra e onde viviu o seu particular exilio interior.
Precisamente a esa etapa se refeiu o rector da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, na nota de condolencia remitida por esa entidade. Nela, destaca o labor realizado por Pousa Antelo en prol da formación dos traballadores do agro galego, así como a súa participación en numerosos proxectos cooperativos, que axudaron á dinamización e desenvolvemento deste sector. Alén do trabalo, foron numerosos os artigos en revistas e volumes colectivos nos que ten participado como Cooperativa de explotación comunitaria para unha parroquia rural ou Valen ou non as cooperativas de explocación comunitaria pra o campo galego ou A Escola Agrícola da Granxa Barreiros: unha escola para a Galicia rural
Un mitin que cambiou unha vida
Unha tarde entrou ao Teatro principal de Compostela a escoitar un mitin no que estaba Antón Vilar Ponte, Álvaro de las Casas, Valentín Paz Andrade, Carballo Calero e Castelao. Un mitin do que saiu marcado como galeguista de por vida e xa ve, ata hoxe" como el mesmo ten declarado en numerosas entrevistas. A raíz dese momento ingresounas Mocidades Galeguistas, participou de xeito activo na propaganda do Estauto de Autonomía do 1936.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega, que o nomeou bo e xeneroso no ano 2004, lembra nun comunicado que Avelino déixanos sendo o Presidente da Fundación Castelao, da Fundación Pedrón de Ouro e membro da Fundación Alexandre Bóveda, cargos que nos trasladan a vitalidade do seu compromiso. Un compromiso que quixo revalidar no ano 1978 coa recuperación do Partido Galeguista, do que foi secretario xeral e, máis tarde, presidente de Honra.
Pousa Antelo continuou desenvolvendoun incansable labor en defensa do galego. Por iso, para a Mesa pola Normalización Lingüística,foi o "símbolo dun país que quere continuar a existir" e un "compañeiro incansábel que nos transmitiu o testemuño de décadas de loita do pobo galego por existir e que na novena década da súa vida continuaba cunha enorme lucidez e vontade de acción fronte ao poder".
A capela ardente cos seus restos instalaranse no centro sociocutural da Ramallosa, no concello de Teo, desde as 10:00 ata as 19:00, desde onde pasarán a ser incinerados na estrita intimidade familiar.
Ramón Villares, historiador e presidente do Consello da Cultura Galega, fai un perfil biográfico de Avelino Pousa Antel