A Universidade de Santiago galardoa coa súa insignia de ouro o insigne galeguista

Pousa Antelo, de ouro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Avelino Pousa Antelo, actual presidente da Fundación Castelao, recibiu onte a insignia de ouro que lle outorgou a Universidade de Santiago pla súa traxectoria de defensa de Galicia. A concesión realizouse a petición de diferentes profesores e investigadores da Facultade de Ciencias da Educación.

Fundación

A Fundación posúe un carácter non institucional e pretende estimular a cultura galega en xeral prestando especial atención ó desenvolvemento das artes plásticas, etnográfía, socioloxía, economía, política, narrativa e teatro, campos en que destacou Castelao. A Fundación publica periodicamente libros e cadernos sobre a figura do insigne galeguista, e participa na realización de congresos e seminarios sobre a súa figura e a súa época.

Actos


Ademais da concesión da Insignia de Ouro ó presidente da Fundación Castelao, a Universidade de Santiago ven realizando ó longo do ano diversos actos de conmemoración dos cincuenta anos da morte de Castelao, como a reedición do Sempre en Galicia ou a realización dun vítor a Castelao que se instalou onte na

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ouro, Castelao, Fundación Castelao, Educación...