Presentan un documental e un libro DVD sobre o Himno

Está producido por Queiman e Pousa

| | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Hoxe pola mañá presentouse en Compostela o documental e libro-DVD O himno, que explica a historia do himno do país e a súa significación a través dos tempos. O documental reúne destacadas voces da cultura galega como Víctor F. Freixanes, Xesús Alonso Montero, Xosé L. Méndez Ferrín e Anxo Angueira. O traballo, producido por Queiman e Pousa, edítase coincidindo co centenario do pasamento de Eduardo Pondal e dos 110 anos da primeira vez que se interpretou o Himno Galego na Habana. O libro inclúe artigos de fundacións e unha unidade didáctica para nenos. O CD, pola súa banda, inclúe o documental, varias versións do himno e un making of.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, DVD, Xesús Alonso Montero, Eduardo Pondal...