Ponteceso celebra por vez primeira o Día do Himno Galego

A celebración lembra a estrea da composición na Habana o 20 de decembro de 1907

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Ponteceso celebra por vez primeira o Día do Himno Galego

O Concello de Ponteceso acordou instituír o Día do Himno Galego, unha celebración que conmemora a estrea desta composición de Pascual Veiga cos versos de Eduardo Pondal na Habana o 20 de decembro de 1907. Para celebrar esta data desenvolverase entre os días 20 e 22 un programa de actividades que inclúe unha ofrenda floral, unha conferencia de Anxo Angueira sobre a simboloxía literaria do Himno Galego, un monólogo de Quico Cadaval ou unha interpretación colectiva do himno. Como remate da celebración, o día 22 inaugurarase na aldea do Couto un mural conmemorativo do Día do Himno, elaborado polos artistas carballeses Miguel Anxo Calvo “O Mighelo” e Isabel Fernández.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ponteceso, Pascual Veiga, Eduardo Pondal, Eduardo Pondal...