O Consello da Cultura Galega compila as colaboracións xornalísticas de Antonio Fraguas

Polas catro témporas

3/5/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
26 lecturas | Compartido 0 veces
Antonio Fraguas Fraguas (1905-1999) foi un galeguista egrexio, unha figura que soubo da importancia dos medios de comunicación no proceso de construcción da sociedade. En “La Voz de Galicia” e “El Correo Gallego” publicou os seus puntos de vista, relacionados co país, coa lingua, cos costumes ou coa súa forma de ser. Unha escolma destes textos fan parte do libro “Antonio Fraguas polas catro témporas. Colaboracións en “La Voz de Galicia” e “O Correo Galego” (1992-1999)” que edita o Consello da Cultura Galega (CCG). Ramón Villares e Xosé López, presidente e vicepresidente da institución xunto con Caetano Díaz e Ignacio Carballo, de "Galicia Hoxe" e "La Voz de Galicia" respectivamente, presentaron a publicación..

Máis información no web do Consello da Cultura Galega e sobre Antón Fraguas na nosa hemeroteca

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antonio Fraguas, Consello da Cultura Galega, La Voz de Galicia, Ramón Villares...