Anxo Lamas e Agustín Fernández Paz son recoñecidos coa navalla de Manuel María

A homenaxe realizarase no evento Memoria da Chaira Enteira o domingo 8 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A asociación cultural Xermolos e mais a Irmandade Manuel María organizan este domingo 8 de setembro en Outeiro de Rei unha nova edición do encontro Memoria da Chaira Enteira. No marco desta iniciativa, que coincide co 13 cabodano do autor chairego, entregaranse as navallas de Manuel María en recoñecemento ao poeta Anxo Lamas e, de xeito póstumo, a Agustín Fernández Paz. A iniciativa inclúe tamén un xantar de fraternidade, a proxección do documental Cantando a Manuel María de Gonzalo Veloso, un recital poético nas Penas de Rodas e actuacións musicais a cargo de Raúl Galego, Mini e Mero, Antón Valcarce, Miro Casabella, Tino Baz ou Quintas Canella. A inscrición para o xantar atópase aberta.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Agustín Fernández Paz, Documental, Asociación Cultural Xermolos...