Celanova homenaxea a Celso Emilio

O 8 de setembro a Terra Chá lembrará a Manuel María

| Santiago. Redacion | Seccións: Literatura
Compartir:

Celébranse nestas das os cabodanos de dous dos principais poetas das nosas letras. Esta fin de semana, a Asociación Arraianos rememora o pasamento de Celso Emilio Ferreiro. Celanova acolle este sábado ás seis e media da tarde o recital poético musical e mais unha ofrenda floral con que este colectivo quere reivindicar a figura do autor. Pola súa banda, a Asociación Xermolos e a Fundación Manuel María lembrarán o vindeiro día 8 o cabodano deste poeta. A xornada Memoria da Chaira enteira comezará ás tres da tarde cun xantar e continuará con recitais, unha ofrenda floral e outros actos de homenaxe.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celanova, Manuel María, Celso Emilio Ferreiro, Fundación Manuel María...