Fernán Vello será o homenaxeado no XIV Hectómetro Literario de Vilalba

A Irmandade Manuel María e a asociación cultural Xermolos recoñecen o labor poético do autor

16/4/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Paseo dos Soños de Vilalba contará cun novo monolito. O XIV Hectómetro Literario recoñecerá o traballo poético de Miguel Anxo Fernán Vello. A Irmandade Manuel María e a asociación cultural Xermolos acordaron lle facer esta homenaxe ao autor de Cospeito, a quen sinalan como "un grande poeta da Terra Chá" ademais de salientar o seu papel como editor coa firma Espiral Maior. O monolito, segundo informa El Progreso, recolle unha caricatura do homenaxeado, un resumo biográfico do autor, un poema e imaxes vencelladas á súa figura. Aínda que a homenaxe estaba prevista para este 18 de abril, a crise sanitaria levou a adiala sen que polo momento haxa unha nova data. Unha mesa redonda, unha comida de confraternidade e a inauguración do Hectómetro Literario fan parte do programa previsto.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vilalba, Manuel María, Asociación Cultural Xermolos, Miguel Anxo Fernán Vello...